jueves, 5 de septiembre de 2013

As Dornas na Ría de Arousa

A dorna é unha embarcación tradicional típica nas Rías Baixas galegas, unha embarcación que é moi parecida aos antigos drakar vikingos, de ahí que moitos historiadores manteñan a orixe dela nesas embarcacións nomeandoa como unha copia a menor escala delas. Considérase que a cuna de construcción da Dorna foi en Ribeira, concretamente Aguiño e Castiñeiras dende onde se foi expandindo ata o resto da Ría de Arousa.

A dorna está completamente construída en madeira ao tingladillo cun tipo de construcción chamada "tingladillo", a cal se caracteriza por montar unhas tablas sobre outras polo extremo evitando así as vías de auga.

Normalmente as dornas dispoñen duns paus chamados escoras que se usan para que a propia embarcación se apoie cando se atopa varada nunha praia, evitando así que se deite sobre un costado, o cal faría que se debilitase a estructura da embarcación

Hay varios tipos de dornas pero todas elas teñen un mismo patrón o cal as diferencia de outro tipo de embarcacións. A dorna ten unha proa redonda que sobresae a cuberta cunha quilla pronunciada e a popa e completamente chata. Antigamente as dornas ían a vela polo que dispoñían dun timón anclado na popa da embarcación e un mastil no banco do traste situado á proa da embarcación.

As dornas mídense pola lonxitude da súa quilla nunha medida chamada cuartas. Unha cuarta equivale a 21 cm.

Dornas por tipo:

Dorna de 7 cuartas: é unha dorna de aproximadamente 4,10 metros de eslora e 1,50 m de manga.

Dorna de 9 cuartas: é unha dorna de aproximadamente 4,60 metros de eslora e 1,65 m de manga.

Dorna de tope: é unha dorna de aproximadamente 7,30 metros de eslora e 2,50 m de manga.

.




No hay comentarios:

Publicar un comentario