martes, 10 de septiembre de 2013

¡Ouvidos nos Chans da Barbanza!

¡Agora presumimos do que non temos!!.

Facéndome eco do blog de AXENA comparto con vos esta nova entrada do blog.

Ata fai uns meses, ou un ano depende dende onde o mires, a Barbanza contaba cunha pequena poboación de lobos ibéricos, os cales campaban ás súas anchas pola serra. Un motivo de orgullo para todos os amantes da natureza e sobre todo para os poboadores dos arredores da Serra da Barbanza, excepto para algúns aos cales supostamente esa riqueza animal lles resultaba molesta.

Estos lobos antiguamente en perigo de extinción na península a día de hoxe están compretamente extinguidos na Serra da Barbanza. Estes animáis eran unha molestia para os gandeiros da comarca, os cales a través de queixas, baixo a miña opinión infundadas, bombardearon a Xunta de Galicia con cartas de protesta polos continuos ataques destos animáis ás vacas que teñen soltas polos montes, esas vacas que lle paga a Xunta ou a Consellería do Medio cando suceden casos desa similitude e polas cales reciben subvencións.

Antes as contínuas queixas a Xunta de Galicia autorizou unha batida contra deses animáis, non sei donde estaban os de Medio por esas datas pero seguro que de vacacións acusado polos recortes ou como eu penso mirando para outro lugar. Nesas batidas matáronse lobos, lobetos e según eles todos eran híbridos os cales aínda hoxe non se sabe como se identificaron xa que para elo fan falla análises xenéticos.

Moitas asociacións en defensa dos animáis entre elas Axena fixeron múltiples protestas na contra destas batidas dicíndolle á Xunta que "matar os lobos non era a resposta" pero a administración, como sempre que ten intereses escondidos, fixo caso omiso e autorizou as matanzas.

A medida que ían aumentando as datas foron aparecendo máis lobos mortos tanto en lazos como nas batidas ata EXTERMINAR a poboación de lobos ibéricos da Barbanza.

Os intereses económicos superpoñéronse  por riba dos ecolóxicos deixando de lado o que o lobo na Barbanza fose unha especie rara e excasa, case poderíamos dicir que protexida.

Nos montes donde antes había lobos agora atópase unha granxa de porcos celtas os cales se diferencian dos porcos comúns no prezo da carne, a cal é parecida á do porco ibérico. Vese que aquí o que interesa na Xunta é o prezo da carne xa que a de lobo non debe valer.





Esta especie de porco estaba ao carón da extinción polo que a Xunta invertíu cartos para a súa recuperación e parece ser que a única forma de recuperar estes animáis na Barbanza era EXTERMINAR a poboación de lobo ibérico da Barbanza. Máis claro non se pode por que os intereses que primaban eran os económicos de uns poucos a os ecolóxicos de moitos. Volvemos aos tempos de antes donde os ricos campan ás súas anchas e o pobre ten que abaixar as orellas, agardemos que non volvan pedir o "dereito de pernada".

Mentras os porcos celtas continúan recuperándose os lobos ibéricos xa non campan ás súas anchas pola Serra da Barbanza, xa non poderemos disfrutar da súa beleza nin dos seus ouvidos. Voume facer eco dunha frase de Félix Rodríguez de la Fuente a cal dicía "Hoy apenas si se escucha el canto del lobo".

Agora unha que dirá o que de seguro pensaría él nestes intres " Xa non se escoitan os ouvidos do lobo ibérico resoando nos verdes Cháns da Barbanza".




Imaxes sacadas do Blog de Axena, lisergia.org e ríos galegos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario